Novas 2022

COMPETICION

02 Abr 2022

3 meses para o comezo da tempada!

3 meses para o comezo da tempada! 3 meses para o comezo da tempada!

20 xornadas de remo masculino e 16 encontros de remo feminino completarán o verán da ACT

A apenas 3 meses para o comezo da tempada, os socios da ACT aprobaron o calendario do verán. Un verán que comezará en Bilbao coa desputa da contra o reloxo o 2 de xullo e finalizará coa desputa da Bandeira El Corte Inglés – Concello de Portugalete no 18 de setembro. Entre estas dúas datas haberá 20 xornadas da Liga Eusko Label e 14 xornadas da Liga Euskotren, ademais das dúas xornadas de playoffs. 

Por segundo ano consecutivo, a ACT fai un esforzo para acadar as 20 xornadas no calendario da Liga Eusko Label, que fará a súa 20º edición, e ademais ampliar en dúas xornadas a Liga Euskotren. Un ambicioso orzamento aprobado esta mesma mañá, fai posíbel que os afeccionados ao remo poidan seguir a gozar das dúas máximas categorías do remo de banco fixo, e contempla o retorno da Fan Zone despois de dous anos de ausencia. 

No referido ao calendario, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren desputarán en augas de Galiza, Cantabria e País Vasco. Catro xornadas serán desputadas en Galiza, unha en Cantabria, e o resto desputaranse en augas vascas. Entre as novidades están o desembarco por primeira vez en augas de Getaria e a mudanza no campo de regatas de Getxo (desputarase no porto novo). 

Voltar