ACT TV 2016

ESPECIAL

29 Set 2016

200 segundos de adrenalina

200 segundos de adrenalina

A décimo cuarta edición da Liga San Miguel foi espectacular en todos os sentidos e hoxe amosámosvos en pouco máis de dous minutos o acontecido

Se hai unha palabra que describe á perfección o sucedido nesta Liga San Miguel 2016 e Liga Euskotren, esa palabra é emoción. A tempada comezaba nun campo de regateo novo, en Sevilla, un encontro que non defraudou aos amantes do remo e tras 19 emocionantes xornadas chegou ao seu fin con un remate apoteósico.

A emoción non só se fraguou na batalla pola Coroa CaixaBank. O Trofeo CaixaBank ao Mellor Patrón, o descenso matemático da categoría, o playoff e a segunda quenda tamén foron grandes alicientes desta décimo cuarta edición. Unha edición na que dous equipos foron os claros dominadores da competición. NT2 Hondarribia na primeira metade de tempada, e Urdaibai Avia, na segunda metade, demostraron que estaban un punto por riba dos demais. Xa na parte final da tempada, os ‘txos’ lograron imporse aos da ‘Ama Guadalupekoa’ e acadaron a súa quinta Coroa CaixaBank, unha Coroa coa que ficaron en propiedade. Apenas unha embarcación foi quen de romper a racha gañadora destes dous “galos”. San Juan Iberdrola conseguiu extender a esencia rosa na Bandeira de Petronor desputada en augas de Zierbena, rompendo así unha sequía de seis anos.

Porén, non todo foi cousa de dous, xa que, a segunda quenda deixounos momentos marabillosos. A pelexa entre Orio Babyauto, Tirán Pereira, Astillero e Cabo por se facer co dominio da segunda quenda ten sido espectacular. Cada tripulación en algún momento da tempada liderou esta quenda, pero os rivais sempre se atopaban moi perto do gañador, tan perto que as milésimas collían o valor do ouro.

Por último, canda ao descenso matemático dun combativo Zumaia, chegou o playoff onde Ondarroa AE e un sorprendente CR Ares lograron o pase á Liga San Miguel 2017 nun playoff cheo de espectáculo. Pola súa banda, tras cinco tempadas entre os mellores, Portugalete Eulen selaba o seu descenso con unha mala actuación.

En pouco máis de dous minutos, poderedes ver isto e moito máis sobre o acontecido durante a tempada, mais non fiques con morriña, a conta atrás para a nova tempada xa comezou.

Voltar