Novas 2023

ASOCIACION

02 Xul 2023

20 ANIVERSARIO

20 ANIVERSARIO

Tal día como hoxe hai 20 anos, a ACT constituíase como Asociación e comezaba a navegar o noso proxecto 

Hoxe é un día especial para a ACT. E é que hai 20 anos, o 2 de xullo de 2003, constituiuse a Asociación Clubs de Traineras (ACT). Un proxecto que nacía grazas ao apoio do Goberno Vasco, Goberno Cántabro, Goberno Asturiano e Goberno Galego. O obxectivo principal era constituir unha liga cun regulamento e un calendario propio que agrupara as 12 mellores embarcacións da cornixa cantábrica e atlántica. 
 
A partir daquel 2 de xullo de 2003, a ACT navegou con rumbo fixo e conseguiu cumprir o seu obxectivo principal, sumando novos desafíos nesta navegación que permitiron convertir a liga de traiñeiras nunha competición de máximo nivel. Grazas ao bo facer dos clubs e a familia que rodea á asociación, a ACT acadou cotas moi altas ao longo destes anos.

Voltar