ACT TV 2016

ESPECIAL

23 Mar 2016

19 xornadas de loita intensa

19 xornadas de loita intensa

Este é o calendario que completarán tanto as embarcacións da Liga San Miguel como as da Liga Euskotren

Xa está deseñado o calendario para esta tempada da Liga San Miguel onde as 12 mellores embarcacións do momento debatiranse nunha intensa loita para conseguir a tan prezada Coroa CaixaBank, galardón que se outorgará na derradeira xornada do curso. A tempada comezará en augas andaluzas, concretamente no Guadalquivir, en Sevilla, onde o 19 de xuño se desputará a IV Bandeira-Euskadi Basque Country

Xullo preséntase como un mes esixente para as traiñeiras. O fin de semana de 2 e 3 de xullo a Liga San Miguel visitará a cidade cántabra de El Astillero na que será Bandeira de Astillero e a XXXII Bandeira Petronor en Zierbena. A seguinte fin de semana, do 9 e 10 de xullo, as cidades escollidas son Orio e San Sebastián e as súas bandeiras, a XXVI. Orioko Estropada e a V Bandeira Eusko Label. Este mesmo fin de semana, dá comezo a Liga Euskotren. No terceiro fin de semana de xullo, o 17 de xullo, o evento  terá lugar en a Getxoko Estropadaren XXXVIII. Ikurriña. Estas dúas xornadas tamén serán puntuábeis para a Liga Euskotren. O 23 e 24 de xullo, a caravana da Liga San Miguel trasladarase a terras galegas onde se porá en xogo a XXXIV Bandeira Concello de Moañae a XXVI  Bandeira Concello de Boiro. Para rematar con este esixente mes, o 30 e 31 as traiñeiras da Liga San Miguel e da Liga Euskotren trasladaranse a desputar as bandeiras de San Juan e Zumaia.

Agosto abrirase coa clásica regata dobre de Zarautz o 13 e 14 de agosto que servirá para dar peche e coroar a campioa da Liga Euskotren. O 20 e 21 de agosto as traiñeiras seguirán loitando en augas guipuscoanas, celebrándose así, a Hondarribiko XXIX. Bandeira e a Bandeira de San Pedro. Finalizando o mes, as embarcacións porán rumbo a augas biscaínas, esta vez será turno da VIII Bandeira Ambilamp e da XXXX Bandeira da Noble Villa de Portugalete.

As dúas primeiras semanas de setembro estarán adxudicadas para a Bandeira da Concha polo que a Liga San Miguel non voltará desputarse até o 17 de setembro. Como está a ser habitual nos últimos anos, as dúas derradeiras xornadas desputaranse en Bermeo e Portugalete o 17 e 18 de setembro; as bandeiras Bermeo Hiriko XXXIV. Bandeira e a XLII Bandeira El Corte Inglés que darán o colofón final á Liga San Miguel

Voltar