ACT TV 2017

ESPECIAL

13 Set 2017

Á procura dunha praza na elite (e II)

Á procura dunha praza na elite (e II)

Donostiarra e Santurtzi Iberdrola procucan redondear a tempada con un bo resultado no playoff de ascenso da Eusko Label Liga

Esta fin de semana Bermeo e Portugalete recibirán toda a adrenalina das últimas dúas xornadas da loita pola Coroa CaixaBank. Mais este non será o único foco de atención destas dúas xornadas de remo, xa que tamén se porá en xogo o playoff de ascenso á Eusko Label Liga, onde cinco equipos competirán por conseguiren un dos dous billetes que darán dereito a remar a tempada que vén na máxima categoría do remo.

Os equipos participantes neste playoff son S.D. Samertolameu, C.R. Puebla, Donostiarra, Santurtzi Iberdrola e Ares. Hoxe contamos coas entrevistas realizadas aos adestradores dos dous clubs da ARC.

Igor Makazaga, á frente dunha Donostiarra que saíu vencedora en case todas as bandeiras da tempada regular, ten claro que o playoff é o obxectivo principal do club. O adestrador guipuscoano lembra a importancia da regata de Bermeo xa que supón o primeiro golpe “tanto positivo como negativo”.

Pola súa parte, Iker Zabala, adestrador da Sotera, avisa que no playoff “veremos ao Santurtzi máis forte de toda a tempada”, aínda que ten claro que para que poidan conseguir unha praza na elite terán que superar “as favoritas”.

Voltar