Novas 2015

ESPECIAL

26 Mai 2015

Á procura do mellor patrón de "la Caixa"

Á procura do mellor patrón de "la Caixa"

Os patróns dos clubs da Liga San Miguel competirán por se facer co premio que está actualmente en poder de Vicente Carpintero, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia

As 12 tripulacións da Liga San Miguel loitarán duramente durante todo o verán para proclamarense campións da tempada e se facer coa ansiada Coroa “la Caixa”. Por outra parte, tamén se premia o labor dos patróns, encargados de guiar polo bo camiño aos seus compañeiros de equipo. Como se ven facendo desde o ano 2008, en cada regata, seguindo uns criterios obxectivos, califícase o labor destes deportistas con tres, dous e un punto para o primeiro, segundo e terceiro clasificado respectivamente. Ao remate de cada xornada, ao primeiro desta clasificación faráselle entrega no barco da Liga San Miguel do maillote de “la Caixa” que o acredita como líder da clasificación dos mellores patróns. Este ano, os demais patróns da Liga San Miguel tentarán desbancar do trono ao atual campión deste premio, Vicente Carpintero, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia.

Con todo, o Comité Técnico será o encargado de puntuar aos patróns en cada regata pola súa destreza, execución e bo facer dirixindo á súa tripulación. Para elaborar a clasificación, o Comité disporá de información obxectiva proporcionada polo GPS, ademais do seguemento que se lles fai durante a regata. Os datos do GPS mostrarán os metros realizados pola traíña, o tempo necesitado pola embarcación para tomar cada unha das tres ceavogas (tomados de 50 metros antes a 50 metros despois da baliza) e o factor relativo resultante do traballo realizado soamente polo patrón (comparando tempo/velocidade e percorrido e o tempo/velocidade de dar as ceavogas da embarcación). Tendo en conta esta información, ao patrón que mellor cumpra con estes factores, outorgaránselle tres puntos, dous ao segundo e un ao terceiro.

Voltar