Novas 2016

ASOCIACION

23 Xu˜ 2016

ACT e ETB unen as súas forzas por 3 tempadas

 ACT e ETB unen as súas forzas por 3 tempadas

A Asociación e a televisión pública vasca asinaron un acordo polo cal as regatas da Liga San Miguel e da Liga Euskotren emitiranse até 2018

Esta tarde, a sede da ETB situada en Bilbao acolleu o acto da sinatura do acordo entre a ACT e a televisión pública vasca. Un contrato que malia contemplar tres tempadas, pode ser prorrogábel para 2019 e 2020. Así, Edu Barinaga, Director de ETB, e Pedro Andueza, Presidente da ACT, foron os encargados de pechar este acordo..

Un acordo que non fai máis que reforzar a unión que tiveron de sempre ACT e ETB. Ambas as dúas entidades levan navegando xuntas desde o comezo da andaina da competición en 2003. Isto levará a que en 2018, esta unión chegue a facer 15 anos. Como vén sendo habitual, ETB retransmitirá ao vivo as regatas da Liga San Miguel e da Liga Euskotren na súa totalidade, ofrecendo así as 19 xornadas da pelexa pola Coroa CaixaBank e as oito que completan o Trofeo Euskotren. Ademais de pola súa primeira canle, as regatas poderán seguirse ao vivo a través da súa páxina web, eitb.eus.

Pola súa banda, a televisión galega, TVG, tamén retransmitirá este ano na súa segunda canle as regatas da Liga San Miguel e da Liga Euskotren, ofrecendo así unha maior difusión do espectáculo do remo.

Deste xeito, Pedro Andueza sinalou que “o acordo é de vital importancia para que a Liga San Miguel e a Liga Euskotren siga coa súa progresión ascendente e trate de conseguir un maior número de seguidores”. Da outra parte, Edu Barinaga expresou que “Acadar este acordo vainos permitir garantir e asegurar aos telespectadores a retransmisión das mellores Ligas de remo masculino e feminino en Euskal Telebista e anímanos, ademais, a seguir traballando para poder seguir a ofrecer este deporte coa mellor realización e factura posíbel”.

Voltar