Novas 2016

ASOCIACION

10 Xu˜ 2016

A IV Bandeira Euskadi Basque Country quere inundar Sevilla

 A IV Bandeira Euskadi Basque Country quere inundar Sevilla

O vindeiro 19 de xuño as traiñeiras da Liga San Miguel abrirán por primeira vez en augas de Sevilla unha nova edición da batalla pola Coroa CaixaBank

Esta mañá celebrouse no Edificio Bizkaia que o Goberno Vasco ten en Bilbao a presentación da IV Bandeira Euskadi Basque Country, a cal se desputará o vindeiro 19 de xuño en augas Sevilla. Itziar Epalza, viceconselleira de Comercio e Turismo do Goberno Vasco; Arantza Madariaga, directora de Basquetour; e Pedro Andueza, presidente da ACT, foron os encargados de presentar este novo encontro.

Este ano, a IV Bandeira Euskadi Basque Country voltará a augas andaluzas. Máis concretamente ás augas do Guadalquivir, entre a Pasarela de la Cartuja e a Puente de la Barqueta que será onde estea ubicado o campo de regatas. O encontro será o vindeiro 19 de xuño a partir das 12.00 horas e servirá para pór en xogo os primeiros puntos dunha nova loita pola Coroa CaixaBank. Unha regata que terá como novidade que se desputará baixo o formato de contra o reloxo por parellas, saíndo as embarcacións de cada quenda de dúas en dúas e con un minuto de diferenza entre elas. A orde de saída será inverso á clasificación xeral da pasada Liga San Miguel.

Pero ademais do encontro das traiñeiras, o sábado ás 19.00 horas porase en xogo o Gran Premio Euskadi Basque Country, onde o Sevilla FC, o Real Betis Balompié, o Málaga CF e Euskadi Basque Country, que está composto por remeiros de clubs da ACT, pelexarán por se alzaren con unha vitoria nunhas loitas que se preveen apaixonantes.

Deixando o puramente deportivo a un lado, durante toda a fin de semana a Alameda de Hércules recibirá ao village da Liga San Miguel onde se poderá gozar de todo tipo de actividades. Desde exhibicións de deporte rural, música en directo, danza, gastronomía… E moitas máis actividades que están detalladas no programa.

Tal e como expresou o presidente da ACT, Pedro Andueza, a chegada da Liga San Miguel a Sevilla “dá continuidade á nosa estratexia por seguir expandindo este deporte. Pero isto sería inviábel sen a axuda que, neste caso, nos brinda o Departamento de Comercio e Turismo, que este ano xa fai o seu cuarto ano ao noso lado, e é por isto que de aquí quería agradecer en nome da Asociación esta fidelidade e apoio”. Pola súa banda, Itziar Epalza, viceconselleira de Comercio e Turismo do Gobierno Vasco, sinalou que “….”

Voltar