ACT TV 2016

ESPECIAL

05 Mai 2016

A achicoria pon todo o seu sabor ao remo

 A achicoria pon todo o seu sabor ao remo

A ACT e Molabe renovan por segundo ano consecutivo o seu acordo e continúan navegando de forma conxunta

O verán está cada vez máis perto e a ACT continúa sumando forzas de cara á nova competición. Un ano máis, Molabe sela o seu acordo de patrocinio e deste xeito as Achicorias El Chimbo, El Árbol, La Niña e o solúbel Leroux farán as delicias da Liga San Miguel. Como xa acontecera o ano pasado, todo o que se achegue ao village da Liga San Miguel poderá gozar dos seus produtos, mentres que os máis pequenos se divirten coas actividades programadas.  E como non podía ser de outro xeito, El Chimbo, El Árbol, La Niña e Leroux porán a proba os dotes prognosticadores dos remeiros co xogo que o ano pasado conseguiu Jon Carrillo, remeiro de San Juan Iberdrola.

Tras da unión de tres familias con grande arraigo no trato da achicoria (MOmoito, Landa e BElón), en 1966, construiron unha fábrica conxunta na localidade biscaína de Zamudio, que a día de hoxe, segue en activo. A achicoria, tan popular na costa cantábrica, é un producto totalmente san e 100% vexetal e rico en fibra. Nas súas funcións está axudar ao coidado da saúde e do benestar do consumidor.

Esta mañá, Juan González-Fanjul, Director Xerente de Molabe S.A., e Pedro Andueza, presidente da ACT, reuníronse e procederon ao acto de asinatura. O máximo representante da Asociación, confesou que “seguir sumando estes apoios é moi importante para o futuro da competición. Danos prestixio que empresas de tanto percorrido confíen en nós e, ademais, asegúranos unha navegación con bo rumbo”.

Pola súa parte, Juan González-Fanjul sinala que "o acordo do ano pasado foi moi beneficioso para a empresa, e o feito de que Molabe sexa participe outro ano máis dun espectáculo como este, énchenos de orgullo”.

Voltar