Novas 2023

COMPETICION

27 Xul 2023

Valoración metade de tempada: segunda quenda

Valoración metade de tempada: segunda quenda

As catro traiñeiras máis rápidas da Liga Euskotren son as que competiron na tempada pasada. Hai dez puntos de diferenza entre a primeira traiñeira e a cuarta da Liga Euskotren, polo que a igualdade entre as catro é palpábel en calquera regata, onde nas primeiras seis xornadas, houbo tres gañadoras diferentes. 

Tolosaldea Arraun Kluba é por agora a única traiñeira das catro que non conseguiu unha vitoria. Pola súa banda, Nortindal Donostiarra, con unha vitoria, e tras a descalificación en augas de Orio, afástase de estar na pelexa polo título ligueiro, e está canda as tolosarras a pelexar polo terceiro posto do podio. Orio Orialki e Donostia Arraun Lagunak son as dúas traiñeiras que están a desputaren o liderado, e por agora a vantaxe é de tres puntos favorábel para as donostiarras. 

 

Voltar