Novas 2015

COMPETICION

20 Abr 2015

Unha viaxe de emoción a través de 19 regatas

Unha viaxe de emoción a través de 19 regatas

Consulta o calendario que completarán este verán tanto os equipos da Liga San Miguel como os da Liga Euskotren

A Liga San Miguel ten deseñado xa o calendario para a presente tempada, na que as 12 mellores embarcacións do momento loitarán por se facer coa prezada Coroa “la Caixa”, galardón que se lle entregará ao campión na derradeira xornada. A tempada volverá dar comezo en augas do Mediterráneo, mais desta vez será en Málaga, onde o 28 de xuño se disputará a III Bandeira Euskadi - Basque Country. O fin de semana do 4 e 5 de xullo a caravana da Liga San Miguel trasladarase a territorio galego para a desputa da III Bandeira Nauta Sanxenxo no sábado e a II Bandeira Moaña – GP Fandicosta no domingo na localidade pontevedresa. San Pedro e Donostia serán as seguintes paradas do verán coa desputa o 11 e 12 de xullo da III Bandeira “la Caixa” e da IV Bandeira Eusko Label. Esta fin de semana terán lugar tamén as xornadas de clasificación da Liga Euskotren, das que sairán as tres traíñas que acompañarán a San Juan Iberdrola na liga regular. A competición chegará o 18 de xullo a Orio onde se desputarán as XXV. Orioko Estropadak e no domingo 19 será a quenda da VII Bandeira Ambilamp en augas da ría de Portugalete, ambas xornadas pertencentes tamén á Liga Euskotren. A Liga San Miguel despedirá o mes de xullo desputando a III Bandeira Playas de Noja o sábado 25 e a Getxoko Estropaden XXXVII. Ikurriña o domingo 26. Estas dúas xornadas serán tamén puntuábeis para a Liga Euskotren.

Agosto levará de novo a competición a Galiza coa disputa o sábado 8 da Bandeira de Samertolameu e o domingo da XXV Bandeira Concello de Boiro. O fin de semana do 15 e 16 de agosto será o turno da tradicional dobre xornada de Zarautz, fin de semana que servirá para pór fin á Liga Euskotren e coroar a campioa. Hondarribia albergará no sábado 22 de agosto a Hondarribiko XXXVIII. Bandera – GP Mapfre e no domingo 23 terá lugar a XXXIV Bandeira Noble Villa de Portugalete. A seguinte parada no camiño será en augas biscaínas onde se porán en xogo a VI Bandeira de Bilbao o sábado 29 e a XXXII Bandeira Petronor o domingo 30 en Zierbena. Despois de dous fins de semana de parón pola disputa da Bandeira da Concha, a Liga San Miguel enfiará os seus dous derradeiros encontros onde tamén terá lugar o playoff de ascenso. Como vén sendo habitual nas últimas edicións da competición, estes dous encontros terán lugar en Bermeo e Portugalete, coa disputa o sábado 19 de setembro da Bermeo Hiriko XXXIII. Bandera e da XLI Bandeira El Corte Inglés o domingo 20 en augas portugaluxas, onde se porá final á decimoterceira edición da Liga San Miguel.

Voltar