Novas 2016

ESPECIAL

19 Mai 2016

Un mes para o bandeirazo á emoción

Un mes para o bandeirazo á emoción

Resta apenas un mes para o comezo da loita pola Coroa CaixaBank! As 12 mellores traiñeiras do momento levan varios meses de intensos adestramentos para chegar nas mellores condicións ao inicio da Liga San Miguel. Unha vez máis, o comezo da competición terá un atractivo especial. Sevilla traerá un acento especial o vindeiro 19 de xuño, onde se porá en marcha unha nova edición da Liga San Miguel coa IV Bandeira Euskadi Basque Country e que voltará cargada de emoción.


Unha tempada que terá un total de 19 xornadas de máxima emoción e que levará ás 12 embarcacións a navegar, ademais de por Sevilla na súa xornada inaugural, por Galiza, Cantabria e Euskadi, sendo a Bandeira El Corte Inglés do 18 de setembro a que poña o punto final e coroe o gañador da Liga San Miguel. Unha decimocuarta edición que chega cargada de desafíos e aspirantes a se faceren coa Coroa CaixaBank.

Voltar