Novas 2014

ENTREVISTAS

27 Feb 2014

"Temos un equipo con omita ilusión"

"Temos un equipo con omita ilusión"

Joxean Olaskoaga ‘Aizperro', técnico de Portugalete Eulen, quere aos seus "na pelexa" para poder estar arriba e levar bandeiras na popa da 'Jarrillera'

Os clubs xa comezaron a conta atrás para o arranque do calendario de regatas e é por isto que queremos coñecer unha a unha as novidades de cada un deles. Para isto, semanalmente un adestrador de cada equipo traeranos a ACT TV as súas impresións, novidades e metas de cara esta nova edición da Liga San Miguel.

O encargado de estrear esta nova sección será Joxean Olaskoaga ‘Aizperro’, técnico de Portulagete Eulen. O preparador oriotarra fai este ano a súa cuarta tempada á frente da ‘Jarrillera’ e sinala que “temos un equipo con moita ilusión. Se facemos as cousas ben, estaremos  na pelexa”. Ademais, o ‘jarrillero’ salienta que “se hai unión e bo ambiente  nun equipo, as cousas saen”.

No que ao futuro daLiga San Miguel se refire, ‘Aizperro’ únese mensaxe da igualdade que reinará este ano. “Cada ano esta igualdade vai a máis e coidamos moitos detalles. No noso caso será importante estar sempre na pelexa xa que se a sorte cae ao teu favor, podes conseguir unha bandeira”, explica. Por último engade que á hora de facer un prognóstico “hai moito galo  para pouco curral. Nós queremos ser capaces de estar aí dentro”.

Voltar