Novas 2021
COMPETICION
20 Mai 2021
"Temos que estar na pelea polas bandeiras"
Juan Mari Etxabe, adestrador de Donostia Arraun Lagunak amósase moi ambicioso na pretempada. O preparador guipuzcoano está satisfeito co traballo e o esforzo realizado polas súas remeiras na pretempada.
Etxabe afirma que os meses de inverno serviron para “facer un equipo moi potente e forte. En liñas xerais estou moi contento co esforzo que están a realizar”. Grazas a ese traballo, ve o equipo quen de estar na pelexa para gañaren as bandeiras, e até marca ese obxectivo, “aínda que será difícil por mor das boas rivais que hai, mais temos que ser ambiciosas e capaces de irmos a polas bandeiras”.
De cara ese obxectivo, ve o equipo con “fame e vontade de competir”, e ve como as máximas rivais a Orio Orialki e Donostiarra Lacturale. “Orio ten baixas, mais mantén unha base sólida e campioa. Por outro lado, está Kaiarriba, un equipo de veteranas e con moitas bandeiras”. Nese sentido asegura que será a traiñeira menos experimentada das tres, pero lanza unha mensaxe clara “agardamos estar á altura das circunstancias e optarmos a gañar o maior número de bandeiras”.