Novas 2016

COMPETICION

18 Xu˜ 2016

Sevilla xa ten 12 cores especiais

Sevilla xa ten 12 cores especiais

Os 12 clubs que compoñen a ACT xa están en Sevilla tras da longa viaxe de onte

Esta fin de semana comeza a aventura da Liga San Miguel, e as embarcacións xa se adentraron no seu primeiro destino, nada máis e nada menos que a capital hispalense. Até Sevilla, achegáronse máis de dous centos de deportistas con vontade de comezar ben unha nova andaina na batalla pola Coroa CaixaBank.

Todas as expedicións chegaron onte de Bilbao e Santiago de Compostela nos avións que a Asociación puxo a disposición dos clubs. Uns chegaron pola tarde e outros chegaron pola noite, pero todos os remeiros pasaron a noite no Hotel Barceló Renacimiento.

Malia a viaxe, os remeiros non paran. Esta mañá as embarcacións da Liga San Miguel obtaron por coñecer mellor o río Guadalquivir con unha sesión de adestramento. Tras isto, todos se dirixiron a comer ao hotel, para comer e descansar, e xa á tarde, a grande maioría optaron por descansar e cumprir cos patrocinadores os compromisos que teñen. Xa está todo preparado para que arranque unha nova edición da Liga San Miguel coa IV Bandera Euskadi Basque Country

Voltar