Novas 2015

COMPETICION

14 Xul 2015

Primeira parada en Portugalete

Primeira parada en Portugalete

Esta mañá presentouse a VII Bandeira Ambilamp “Reciclamos a Luz” no Salón de Plenos do Concello de Sestao

O domingo a partir das 12:00 horas poranse en xogo a sétima xornada da Liga San Miguel e a cuarta da Liga Euskotren en augas de Portugalete. Os participantes enfrontarán un campo de regatas de tres millas náuticas, na que completarán catro longo e tres ceavogas. No caso da regata feminina, desputarase a IV Bandeira Euskotren, onde por primeira vez, as catro clasificadas para a Liga Euskotren 2015 competirán a regata en formato en liña. O percorrido será de unha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga.

Esta xornada dispútase en domingo, polo que a composición de quendas dependerá do que aconteza na xornada do sábado en Orio. Polo que as quendas saberanse unha vez se coñeza a clasificación final da XXV. Orioko Estropadak.

Na presentación de hoxe estiveron presentes Josu Bergara, alcalde de Sestao; e José Manuel Monje, presidente de Kaiku Producha. Josu Bergara salientou que "esta será a primeira vez en que a Liga San Miguel chegará esta tempada á ría do Nervión, un escenario habitual xa no calendario da competición".

Voltar