Novas 2012

COMPETICION

28 Xu˜ 2012

PRESENTACIÓN DA REGATA DE ASTILLERO

PRESENTACIÓN DA REGATA DE ASTILLERO

Será a segunda proba puntuábel da Liga San Miguel, e celebrarase o domingo ao mediodía

Este mediodía levouse a cabo no Concello de Astillero a presentación da XIV BANDEIRA REAL ASTILLERO DE GUARNIZO – XXXIX GP SAN JOSÉ – TROFEO HEWLETT PACKARD. A regata celebrarase o vindeiro domingo, primeiro de xullo, ás 12h00, na ría de Astillero, mar adentro, e será a segunda regata puntuábel da tempada.

 

Ao acto de presentación asistiron o Sr. Carlos Cortina, alcalde do concello de Astillero, o Sr. Aaron Delgado, concelleiro de deportes do concello de Astillero, e o Sr. Francisco Javier Gárate, presidente do club de remo Astillero. As quendas da regata estabeleceranse tendo en conta a clasificación da Liga San Miguel, que se completará o sábado pola tarde despois da disputa da XXIX. Ikurriña Petronor. As clasificadas entre os postos 9º e 12º sairán na primeira quenda, as clasificadas entre o 5º e 8º postos na segunda, e as catro mellores embarcacións da véspera, na quenda de honra

Voltar