Novas 2014

ESPECIAL

11 Dec 2014

Prensa e ACT desafíanse en Pasaia

Prensa e ACT desafíanse en Pasaia

O domingo celebrarase ás 10.30 horas un desafío de traíñas con directivos dos clubs da ACT e cos xornalistas que seguen a competición

Este domingo a partir das 10.30 horas, o porto de Pasaia será testemuña dunha regata moi especial. E é que a Prensa e a ACT lanzáronse un desafío no que ambas traíñas tratarán de pelexar pola bandeira que os acredite como a máis rápida. A embarcación da prensa estará composta por aqueles xornalistas que habitualmente cubren a Liga San Miguel e a Liga Euskotren. Nomes como os de Imanol Arruti, Kepa Iribar, Aner Gondra, Jabi Izquierdo, Manu Maritxalar, Gaizka Lasa ou Xabi Larrañaga son alguns dos que tratarán de conquistar o ansiado triunfo. Unha embarcación de xornalistas que, cómpre sinalar, xa completou algunha sesión de preparatoria de cara este encontro. 
 

Do outro lado, no da embarcación da ACT, directivos dos clubs socios así como traballadores da Asociación pelexarán pola vitoria. Entre esta selección atópanse, entre outros, Mario Vidal, Kalixa Silanes, Isi Sistiaga, Joserra Garate, Mikel Rubio, Juan Mari Etxabe ou Eugenio Fernández. Cómpre sinalar que o campo de regatas estará situado dentro do Porto de Pasaia, no que as balizas de saída estarán situadas ao pé do novo club de San Juan. As dúas tripulacións terán que completar un percorrido de catro longos con tres ceavogas, no que xornalistas e directivos poranse, por uns minutos, na pel deses remeiros que durante o verán observan tan atentamente.

Voltar