Novas 2013

ENTREVISTAS

12 Xul 2013

"PENSO QUE A LIGA EUSKOTREN A DISPUTARÁN CATRO GUIPUSCOÁS"

"PENSO QUE A LIGA EUSKOTREN A DISPUTARÁN CATRO GUIPUSCOÁS"

Oihana Erkizia, remeira de Zumaia Salegi Jatetxea Itziar

A Oihana Errazkin sóbralle un cuarto de hora para analizar o remo feminino, a Liga Euskotren e as regatas clasificatorias da fin de semana (Arroa-Bekoa, Gipuzkoa, 35 anos). Cre que non ter que loitar na clasificatoria por seren as vixentes campioas é bo, que dá tranquilidade para traballar mellor. Ve a Zumaia como favorita, pero sen se confiar demasiado. Ve cuatro guipuscoás remando na Liga Euskotren.

En vésperas de que dé comezo a Liga Euskotren, e sendo Zumaia a campioa do 2012, pódenos contar como transcurriron estes últimos meses, como estades antes do comezo da Liga, sensacións…
O comezo desta tempada e a anterior son totalmente diferentes. No 2012 tivemos que remar na regata de clasificación, e este ano non, porque somos campioas. Iso muda todo. O ano pasado entramos xustiñas, este ano xa estamos dentro. A preparación é distinta. Este inverno e primavera estivémonos preparado para competir na Liga Euskotren, o ano pasado para a clasificatoria, sen saber se íamos remar ou non na Liga. A tranquilidade é boa. No 2012 non andivemos sobradas para completar a traíña, e despois gañamos a Liga Euskotren, e agora estamos na crista da onda. Diría que chegamos moi arriba, comezando desde moi abaixo.

Que mudou en vós despois de conquistardes o título?
Non penses que mudou moita cousa. Quizáis que ao adestrar disfrutas máis, tes máis ilusión, un aliciente máis por te manteneres arriba.

E en Zumaia, notouse que máis mulleres se teñan achegado ao club coa intención de remar ou non?
Non demasiado. Non estaría mal que se tivese achegado máis xente. As que estamos remamos en Zumaia, pero hai xente de Arroa-Bekoa, Zestoa, Ondarroa, e incluso unha rapariga de Castro, Natalia. Hai xente de moitas vilas distintas. Se te referes ao tema de afeccionados, non hai queixa. En Zumaia sempre tivemos apoio. Quizáis non é unha afección que se mova en masa a outros lugares, mais si xente que nos anima moito.


No plano deportivo. Cal é a túa intuición? É Zumaia favorita para gañar a Liga Euskotren?
Penso que nos gañamos o dereito de ser favoritas, mais iso non quere dicir que a vaiamos ganar. Hai que lle dar duro no mar. Hoxe en día, non penso que sexamos mellores que San Juan, e calquera despiste pódese pagar caro. Con total respecto, pero penso que Hibaika e Orio están un chanzo por debaixo de nós, mais non por iso son peores equipos. Nas regatas inflúen mil factores, e non te podes confiar. Nesta liga todos os clubs traballan a tope, e todas comemos as lentellas que nos prepara a nai. Non se pode dar nada por feito antes de o conseguir. Nos descensos previos á tempada estivemos a bo nivel, pero iso non nos garante que vaiamos gañar a bandeira de Pedreña.

Que tres clubs ves con máis posibilidades de conseguir as tres prazas en disputa?
Dou como seguras a San Juan Iberdrola e Hibaika Jamones Ancín, e teño dúbidas entre Bizkaia e Orio Babyauto. A regata de Donosti é en mar aberto, e iso fai que escolla Orio. Penso que imos ser catro guipuscoás na Liga Euskotren.

Que reflexión che merece que nunha competición que abarca todo o Mar Cantábrico, só haxa representantes guipuscoaos?
Pois non moi boa… Hai 5 anos houbo como un boom no que respecta á participación, e aínda hoxe a idade media é bastante baixa, pero é xente que xa leva uns cantos aos remando. Non se ve continuidade, pero non che sabería dar unha explicación real.

Ti xa levas 4 anos remando. Porque comezaches?
Porque mo dixo o meu curmán. Eu remara en bateis, con 16-17 anos, pero despois o meu home comezou de adestrador, e adestrador de mulleres Joseba Urbieta díxome: “mañá ven coa maleta”. Eu díxenme a min mesma que non era posíbel, que despois de 14 anos non podía comezar de novo, mais comecei e até hoxe, catro anos xa. Fíxoseme duro os dous primeiros meses, cando só corremos, pero despois faise máis levadeiro.

Como convencerías a alguén para que comezara a remar?
Pois que case todas as que comezaron, seguiron, e que se non o deixaron será por algo. É un deporte no que o traballo en equipo é fundamental. As túas bágoas son as miñas, e sentir que a túa forza sen a da persoa que tes ao lado non vale nada aumenta a túa autoestima.

Chama a atención que as dúas últimas campioas, Galiza e Getaria-Tolosa, este ano non teñan sacado traíña. Que opinión che merece esa situación?
É unha cuestión que deben responder os clubs. É certo que non hai moitas mulleres dispostas a remar, pero non podo opinar porque desaparece un club, porque non coñezo a situación. No caso de Galiza fixeron unha selección coas mellores remeiras, e se descartas á xente, non creo que esa xente despois teña ganas de volver ao equipo. Elas forman unha selección das mellores, e nós ou San Juan, simples clubes. Clubes que poden vencer a unha selección das mellores.

 

Voltar