Novas 2015

COMPETICION

15 Xul 2015

Pelexa contra o crono en Orio

Pelexa contra o crono en Orio

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XXV. Orioko Estropadak no Camping de Orio

O sábado a partir das 17:30 horas, a localidade guipuscoana de Orio acollerá as 16 traíñas que compoñen a Liga San Miguel e máis a Liga Euskotren, desputándose a súa sexta e terceira xornada respectivamente. Neste caso, a regata desputarase en formato de contra o reloxo con unha distancia de tres millas náuticas, con tres ceavogas e catro longos no río Oria. As balizas de saída e chegada estarán colocadas frente a praza da vila. A regata desputarase en tres quendas, coas tripulacións tomando a saída minuto a minuto. As quendas comporanse seguindo a clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda sairán Samertolameu Rodman Group, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia e Astillero. Na segunda remarán San Pedro Ecolmare, Kaiku Producha, San Juan Iberdrola e Cabo. Por último, na quenda de honra competirán Tirán Pereira, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.

No caso da regata feminina, as catro clasificadas para a Liga Euskotren de este ano desputarán, ás 17:30 horas, a III. Orioko Kanpina Bandera tamén en formato contra o reloxo con un percorrido dunha milla náutica e media, con dous longos e unha ceavoga. A orde de saída desta proba será en orde inversa á clasificación xeral da Liga Euskotren despois das dúas primeiras xornadas de clasificación desputadas en Pasaia e San Sebastián, polo que a primeira tripulación en coller a saída será Hibaika Jamones Ancín, seguida por Orio Babyauto, San Juan Iberdrola e Zumaia Salegi Jatetxea.

Á presentación desta mañá acudiron Eugenio Cotado, concelleiro do deporte de Orio; e Ibon Huegun, presidente de Orio Babyauto. Eugenio Cotado quixo salientar que “a chegada da Liga San Miguel, coincide coa “Bixigu Eguna” de Orio, día de festa” na localidade guipuscoana. Da súa banda, Ibon Huegun explicou que o “campo de regateo facilita moito a visibilidade da proba para os afeccionados, xa que se pode ver perfectamente desde as dúas beiras do río”.

Voltar