Novas 2010

COMPETICION

07 Xul 2010

PEDREÑA ACOLLE A 3. REGATA DA LIGA SAN MIGUEL: VI BANDEIRA MARINA DE CUDEYO GP DYNASOL-ENDESA

PEDREÑA ACOLLE A 3. REGATA DA LIGA SAN MIGUEL: VI BANDEIRA MARINA DE CUDEYO GP DYNASOL-ENDESA

A localidade cántabra tamén acollerá o comezo da Liga Euskotren, a Liga Feminina

Bizkaia, Gipuzkoa, e á terceira Cantabria. A Liga San Miguel desprázase cara o oeste, cara Cantabria. Pedreña recibe a caravana remeira este sábado, 10 de xullo, con todo listo para a VI Bandeira Marina de Cudeyo, GP Dynasol-Endesa. A regata disputarase na baía de Santander, a medio camiño entre ría e mar aberto. A competición comezará ás 16:00 horas, disputarase en liña, e as embarcacións terán que cubrir a distancia de tres millas mariñas, 5.556 metros. Catro longos e tres ceavogas.

 

Este mércores ao mediodía celebrouse o acto de presentación da regata no Concello de Pedreña, e nela estiveron Severiano Ballesteros, Excmo. Alcalde de Marina de Cudeyo, Calixto Presmanes, presidente do club de remo de Pedreña, Miguel Angel Lopez Rivas, director de Dynasol, e Jose Luis de la Maza, Director de Recursos Humanos de Dynasol.

 

A primeira regata cántabra confirmará ou descartará o incontestábel dominio exercido por Orio nas dúas primeiras regatas. Se se confirma a candidatura de Castro e Urdaibai, 2º e 3ª clasificadas da Liga San Miguel. Pedreña intentará dar unha alegría aos seus veciños, e adiantar a San Juan para vogar coas catro mellores. Cita para mellorar rendemento para dúas das favoritas que non estiveron á altura agardada na primeira fin de semana, Hondarribia e Kaiku, e propósito de emenda para as dúas últimas clasificadas da Liga San Miguel, Zumaia e Zarautz.

 

Zarautz, Zumaia, Kaiku e Tirán vogarán na primeira quenda. Na segunda quenda saltarán chispas entre Hondarribia, Astillero, San Pedro e Pedreña, e na terceira e última San Juan tratará de se mantener na elite, ademais de facer fronte a Urdaibai, Castro e Orio. A regata será retransmitida en diferido por ETB, ao rematar a etapa do Tour de Francia.

 

Destacar tamén que en Pedreña dará comezo a segunda edición da Liga Feminina, a Liga Euskotren. A Liga consta de 8 regatas, e finalizará coa dobre xornada de Zarautz, o 14 ou o 15 de agosto. Participarán as seleccións de Gipuzkoa, Bizkaia, Cantabria e a vixente campioa Galiza. A regata comezará ás 15.30 horas, e as mozas terán que realizar a distancia de 1,5 millas mariñas, 2.778 metros, con dos longos e una ceavoga

Voltar