Novas 2014

COMPETICION

13 Mai 2014

Pasaia acollerá a II Bandeira la Caixa

Pasaia acollerá a II Bandeira la Caixa

O vindeiro 19 de xullo disputarase en augas pasaitarras a segunda edición dunha xornada que tivo o seu punto de partida o ano pasado en Laredo

O vindeiro 19 de xullo as augas de Pasaia voltarán ser testemuñas dun novo encontro da Liga San Miguel. Máis concretamente da sexta xornada da tempada. E desta vez, a regata organizada por Sanpedrotarra AE virá da man da la Caixa que escolleu este contorno clásico no mundo do remo para levar a cabo a II Bandeira la Caixa. Un campo de regatas que voltará estar situado dentro do porto de Pasaia e que terá a peculiaridad de ter seis longos e cinco ceavogas, polo que o espectáculo voltará estar garantizado coas viradas.

Deste xeito, as augas de Pasaia collen o testemuño a Laredo, contorno onde o ano pasado se disputou a primeira edición da Bandeira la Caixa e cuxa vitoria foi parar ás mans da 'Bizkaitarra' de Kaiku Ambilamp con unha marca de 19'41''70, avantaxando en 11 e 15 segundos a Orio Babyauto e Urdaibai Avia respectivamente. Cómpre sinalar que o vindeiro 19 de xullo disputarase tamén no mesmo campo de regatas a terceira xornada da Liga Euskotren coas catro mellores embarcacións femininas do momento.

Con esta segunda edición, la Caixa quere seguir apoiando un deporte ao que se sinten moi ligados e dar deste xeito continuidade ao camiño iniciado o ano pasado cando, para alén de lle pór nome a unha das xornadas, son un dos principais patrocinadores da competición levando o galardón da tempada por nome 'Coroa la Caixa'.

Voltar