Novas 2016

ESPECIAL

17 Xu˜ 2016

Os protagonistas aterran en Sevilla!

Os protagonistas aterran en Sevilla!

Os remeiros de San Juan Iberdrola, Portugalete Eulen, Orio Babyauto e Zumaia son os primeiros en pisar terras andaluzas

Encontros entre remeiros, fotos, entrevistas…pero sobre todo moita ilusión nada máis chegaren ao hotel. San Juan Iberdrola, Portugalete Eulen, Orio Babyauto e Zumaia foron as primeiras embarcacións en respirar a nova edición da Liga San Miguel. Uns chegan ao hotel e aproveitan para descansar, mentres outros, teñen previsto adestrar e coñecer a fondo os trucos que agardan no río Guadalquivir. Máis tarde será a quenda da chegada de San Pedro, NT2 Hondarribia, Kaiku Ambilamp, Urdaibai Avia, Zierbenas Bahías de Bizkaia, Astillero, Cabo e Tirán Pereira.

Aos poucos as traiñeiras tamén están a chegar á capital hispalense e a daren cor arredor da Pasarela da Cartuja e a Ponte da Barqueta. Na capital andaluza, estase a crear unha grande expectación co inicio da batalla pola Coroa CaixaBank, e a chegada dos remeiros e as súas embarcacións non fai máis que intensificar esa expectación.

Cómpre sinalar, que mañá comezará a actividade do remo no río Guadalquivir. Sevilla, Betis, Malaga e mais un combinado Euskadi Basque Country, formado por remeiros dos clubs que compoñen a ACT, competirán polo Gran Premio Euskadi Basque Country. Un desafío 8+ no que todos os equipos competirán a partir das 19.00 horas entre a Pasarela da Cartuja e a Ponte da Barqueta.

Se es amante do remo… Non te perdas todas as actividades que se realizarán en Sevilla!

Voltar