Novas 2023

ASOCIACION

19 Xul 2023

Os equipos presentes nos trens

Os equipos presentes nos trens

Euskotren vinila varios trens da súa frota para conmemorar a décimo quinta tempada da Liga Euskotren Liga
 

Euskotren quixo celebrar a histórica tempada da competición feminina. Sendo a décimo quinta edición e que contou por primeira vez con oito participantes, o patrocinador principal quixo dar maior visibilidade á súa competición, vinilando varios dos trens da súa frota coa imaxe dos equipos participantes.

Dende finais da pasada semana, a imaxe de varios trens de Euskotren levan as cores dos equipos de la Euskotren Liga. Donostia Arraun Lagunak, CR Cabo da Cruz, Nortindal Donostiarra, Hibaika Jamones Ancín, Hondarribia Bertako Igogailuak, Orio Orialki, SD Tirán Pereira e Tolosaldea Arraun Kluba ocupan unha parte dos catro vagóns con que conta o tren que xa circula polos raís habituais de Euskotren. Polo que, se vedes os equipos da Liga Euskotren lonxe da auga, non vos asustedes, e gozade da homenaxe que brinda Euskotren aos nosos equipos. 

Voltar