Novas 2012

COMPETICION

03 Ago 2012

"OS CLUBS DA ACT APOSTAN POLA SAÚDE DOS SEUS REMEIROS"

"OS CLUBS DA ACT APOSTAN POLA SAÚDE DOS SEUS REMEIROS"

Juan José Badiola, Responsábel do Comité Antidopaxe e de Control da Saúde da ACT

O médico Juan José Badiola atende a chamada desde Astillero, na súa vivenda. Pedímoslle que nos explique en que consiste o seu labor, como é o traballo antidopaxe na asociación. Badiola destaca que a situación actual é “máis que correcta”.

 

Cantos anos levas a traballar para a ACT?

Comecei no 2003 cando aínda non se creara o Comité Antidopaxe e se coordenaban dende a Xerencia e o Comité de Competición da asociación. O Comité Antidopaxe e de Control da Saúde creouse no 2004, sendo na súa primeira fase, colexiado, pasando a ser unipersonal no 2006, e despois dun receso no 2006-2007, asumín a responsabilidade do 2008 en diante.

 

Cal é o teu labor exactamente?

Pois coordenar os controis antidopaxe, en base ao orzamemento acordado, tramitar as autorizacións para o uso terapéutico de substancias incluídas na listaxe e, polo tanto, restrinxidas para o uso en deportistas. Os deportistas precisan unha autorización para utilizar certos medicamentos, e as autorizacións concédense, ou non, despois da evaluación dos informes médicos presentados. Outra das actuacións habituais é a realización de controis hematolóxicos que fican rexistrados nunha base de datos e posibilitan a comparación con cifras anteriores, e a avaliación das alteracións que poideran producirse e, deste xeito,  previrmos algunha anormalidade. No caso dos controis hematolóxicos, temos a colaboración dos servizos médicos dos clubs, quen propuxeron a realización de dous controis a realizar en febreiro e xuño, e cuxos valores engrosan a base de datos da ACT.

 

Como definirías a saúde dos remeiros da Liga San Miguel?

Todos os clubs, por norma, teñen un médico e dende o meu punto de vista, a salud dos remeiros está ben controlada. Cómpre salientar que todos os remeiros son deportistas de alto rendemento.

 

Cantos controis antidopaxe se fan no ano?

É un dato que non se fai público a priori, e si despois da finalización da tempada coa publicación da memoria. Na tempada do 2011, recolléronse e analizáronse 83 mostras de ouriños e 8 de sangue. A ACT destina un orzamento para o Comité, e eu planifico en base a ese montante. Loxicamente, se os orzamentos se manteñen, a cantidade de controis é similar dun ano para o outro. Gustaríame salientar que, no que respecta aos controis de dopaxe en sangue, fomos, xunto coa Federación Española de Ciclismo, as dúas organizacións que encetamos un programa deste tipo en España ao se permitir regulamentariamente no verano de 2011. AACT destina unha boa parte dos seus recursos á loita contra a dopaxe, sendo maior que a que realiza a Federación Española de Remo, para todas as súas disciplinas.

 

Que opinan os clubs do teu traballo?

Eu debo o meu cargo aos clubs da ACT e a súa supervisión é precisa. O meu traballo avalíano eles, xa que é a asemblea de clubs a que decide que eu continúe co meu traballo ou non. Imaxino que se o meu traballo non fora correcto non seguiría.

 

A repercusión de resultados negativos é menor que cando salta algún positivo ou algunha investigación xudiciaria. Que opinión che merece esa situación?

A nova sempre é a aparición dun positivo e nos últimos anos, foron máis as actuacións policiais e xudiciais as que descubriron as tramas existentes alén dos resultados das análises de mostras tomadas nos controis. Nós, como calquera institución deportiva,  facemos os controis que consideramos precisos pero non podemos violar a intimidade dos remeiros. O sistema de localización da ACT susténtase nos datos de lugares e horarios de adestramento que nos aportan os clubes e non se propuxeron os controis a domicilio.

 

Como ves o futuro?

Ben, a situación, como dixen, é correcta, e imos mellorando aspectos aos poucos. A última novidade é que estamos a levar a cabo a política de “non agullas”. Os médicos dos clubes da ACT pedírono, e a asemblea de clubes implantouno. A finalidade: que os remeros saiban que esta vía de tratamento está restrinxida, e que cómpre a autorización do comité antidopaxe. En definitiva o que se pretende é desprazar a vía parenteral como vía terapéutica de entrada incontrolada, deixando claro que todo remeiro que o precisara, e estando xustificado, poderá emprágala.

Voltar