Novas 2023

COMPETICION

16 Xul 2023

Orio vence na regata da casa

Orio vence na regata da casa Orio vence na regata da casa

A tripulación local levou a vitoria na Orioko XXIII. Emakumezkoen Estropada - Orio Kanpina XI. Bandera.

A tripulación da San Nikolas sumou a súa segunda vitoria da tempada na Orioko XXIII. Emakumezkoen Estropada - Orio Kanpina XI. Bandera. As oriotarras impuxéronse cun tempo de 11:16:60. A líder da Liga Euskotren, Donostia Arraun Lagunak, foi segunda, a 8 segundos das vencedoras.

O terceiro posto foi para Tolosaldea, que vogou na primeira quenda, e parou o crono a 10 segundos de Orio. Hondarribia foi cuarta a 25 segundos das gañadoras. Donostiarra pola súa banda foi descalificada e non participou na regata debido a non levar o lastre da súa patroa.

No referido á clasificación xeral, Donostia Arraun Lagunak segue á cabeza con 36 puntos, Orio é segunda con 33 puntos, Tolosaldea terceira con 29 puntos e Donostiarra, sen sumar puntos en Orio, é cuarta con 26 puntos.

Urdaibai imponse en augas de Orio
Bermeo Urdaibai sumou a súa segunda vitoria da tempada tras gañar na Orioko XXXIII. Estropada - Orio Kanpina XI. Bandera. Os biscaínos (20:34:60) foron os máis rápidos da quenda, superando entre outros a Hondarribia (20:46:70) e Donostiarra (20:47:70).

As dúas traiñeiras guipuscoanas mantiveron un intenso duelo por se facer coa segunda praza. Vendo que a Bou Bizkaia tiña a vitoria nas súas mans remaron no mesmo segundo durante case todo o último longo. No final, os líderes da Liga Eusko Label cruzaron a liña de meta cun segundo de vantaxe sobre a Torrekua II. Zierbena cuarta clasificada con 23 segundos de diferenza con respecto a Bermeo e dende a primeira quenda, Getaria foi quinta na xornada.

Coa segunda praza da regata asegurada, Hondarribia mantén o liderado con 54 puntos, mentres que Bermeo, con dúas vitorias, salta á segunda posición sumando un total de 52 puntos. Zierbena caiu á terceira posición e suma 51 puntos. Donostiarra é 4ª con 39 puntos.

Voltar