Novas 2014

COMPETICION

16 Xul 2014

Orio tínguese de remo

Orio tínguese de remo

A localidade guipuscoana acollerá este domingo a partir das 12.00 horas a XXIV. Orioko Estropadak - II  Bandeira Orio Kanpina

Esta mañá celebrouse no Camping de Orio a presentación da XXIV. Orioko Estropadak - II Bandeira Orio Kanpina que este domingo a partir das 12.00 horas dará forma á sétima xornada da Liga San Miguel e á cuarta cita da Liga Euskotren. Até alí, polo tanto, achegaranse as 16 mellores traíñas do momento que pugnarán por se facer con unha bandeira que, con certeza, congregará moito público xa que coincide con un dos días grandes do municipio oriotarra: Bixigu Eguna.

Daquela, a proba terá un escenario diferente ao que a veu acollendo nos últimos anos; a regata trasládase ao río Oria, tendo a súa baliza interior xunto á ‘Herriko Plaza’ mentres que a exterior colocarase na zona de Motondo. Outra das novidades será o formato da proba porque as tripulacións terán que cubrir estas tres millas náuticas en contra o reloxo. Con isto, as embarcacións, que voltarán estar repartidas en quendas de catro, sairán de minuto en minuto. 

Con todo, na presentación desta mañá, que estivo presidida polas dúas bandeiras que protagonizarán a xornada, estiveron presentes tanto o alcalde da localidade, Beñat Solabarrieta, como o presidente de Orio Arraun Elkartea, Ibon Huegun. Ambos coincidiron na importancia da chegada da Liga San Miguel nun día "tan sinalado para Orio" como é o Bixigu Eguna e no que se agarda moito público. Pola súa banda, o propio Huegun quixo lembrar que a 'Coroa la Caixa' está exposta na sucursal que la Caixa ten en Orio na rúa Eusko Gudari número 22.

As catros da Liga Euskotren

Tras a clasificatoria do fin de semana pasado, as catro tripulacións da Liga Euskotren terán de novo unha dobre xornada en Pasaia e en Orio, onde se porá en xogo a terceira e cuarta xornada da máxima competición do remo feminino con Zumaia, Hibaika Jamones Ancín, Samertolameu e San Juan Iberdrola como aspirantes a levar o maillote branco de la Caixa. 

Voltar