Novas 2022

COMPETICION

06 Ago 2022

Orio Orialki remonta para gañar

Orio Orialki remonta para gañar Orio Orialki remonta para gañar

A San Nikolas suma a súa 7ª bandeira da tempada coa vitoria na Nesken Ondoen Bandera

Orio Orialki gañou a súa 7ª bandeira da tempada 2022 despois de remontaren no longo de volta os 2 segundos perdidos na ceavoga con respecto a Donostia Arraun Lagunak na Nesken Ondoen Bandera. Dende os primeiros metros até a virada a regata estivo comandada pola Lugañene mais, despois da virada, as patroneadas por Nadeth Agirre emparellaron a súa proa coa de Arraun Lagunak. Despois duns minutos vogando no mesmo segundo, Orio mudou o ritmo e colleu unha renda de 4-5 segundos que mantivo até cruzar a liña de meta. Por detrás, Tolosaldea gañoulle a partida a Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100 e rematou perdendo na chegada 11 e 17 segundos, respectivamente. 

Con estes resultados, as oriotarras acadan os 34 puntos frente os 29 de Donostia Arraun Lagunak na xeral da Liga EuskoTren. Por outra banda, na parte baixa da clasificación, Donostiarra suma 14 puntos e Tolosaldea pecha con 13 puntos.  

Urdaibai conquistou a Hondarribiko XXXV. Bandera Mapfre SN
Bermeo Urdaibai foi a mellor embarcación na Hondarribiko XXXV. Bandera Mapfre SN por diante de Matrix Hondarribia e Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100. A Bou Bizkaia comezou a tanda de honra na cabeza e permaneceu na proa até cruzar a meta con 7 segundos sobre a Ama Guadalupekoa e 14 sobre a Torrekua II. Por detrás, Orio Orialki rematou a regata con 18" perdidos, un tempo que a relega á 2ª quenda de mañá en favor de Getaria. A Esperantza marcou o 4º mellor tempo da regata e na xornada de mañá na casa partirá sairá na quenda de honra.

Deste xeito, e co triunfo de Urdaibai, Hondarribia mantén o liderado da Liga EuskoLabel con 122 puntos frente os 118 da Donostiarra e os 116 da Bou Bizkaia. 4º na xeral é Orio con 104 e 5º Getaria con 70 puntos. Na parte baixa da liga, Ares continúa co o sinal vermello con 33 puntos, frente os 35 de Santurtzi, e os 42 de Ondarroa.
 

Voltar