Novas 2014

COMPETICION

10 Ago 2014

Orio Babyauto impónse en Boiro

Orio Babyauto impónse en Boiro

A ‘San Nikolas’ oriotarra consegue a vitoria, por diante de Hondarribia Orsa e dos locais de Cabo

Despois de varios anos sen acudir, a Liga San Miguel reapareceu esta mañá nas augas de Boiro con un tempo desapracíbel pero que non foi impedimento para que o numeroso público que se achegou á localidade coruñesa gozara dunhas regatas moi emocionantes. Así, a quenda de honra volveu ter o gañador da bandeira e neste caso foi Orio Babyauto con un tempo de 20’49’’46, e deste xeito suma esta tempada a súa terceira bandeira na Liga San Miguel. En segunda posición, a tres segundos dos oriotarras, entrou Hondarribia Orsa que mantén o liderado na loita pola Coroa “La Caixa” con cinco puntos de renda frente os ‘aguiluchos’. A terceira posición foi para os locais de Cabo con unha marca de 20’59’’02, logrando así diante da súa xente o melhor resultado da tempada. Completou a quenda Kaiku Ambilamp, na quinta posición a 23 segundos dos oriotarras.

O protagonista da segunda quenda foi Urdaibai Avia que non deu ningunha oportunidade ao resto dos seus rivais de quenda, conseguindo unha marca final 20’59’’48 e que lle valeu para se facer coa cuarta posición. Este resultado, cómpre sinalar, que lle serve a Gorka Aranberri para manter o maillote branco do trofeo “La Caixa” ao mellor patrón. Por detrás destes, Portugalete Eulen, a 19 segundos dos ‘txo’, levou o sexto lugar, mentres Astillero e Tirán Pereira ocuparon o noveno e décimo primeiro lugar. Cómpre sinalar que os galegos tiveron problemas na segunda ceavoga e romperon a pica ao manobrar. 

Na primeira quenda, San Juan Iberdrola comandou a súa proba dende as primeiras paladas marcando finalmente un tempo de 21’21’’93, que lle serviu para conseguir a sétima posición. Detrás deles, Zierbena Bahías de Bizkaia deixou 38 segundos frente o gañador, outorgándolles desta xeito a oitava praza. Completaron a quenda, Pedreña, que abandonou por primeira vez no que vai de tempada o último lugar, e San Pedro Ecolmare, clasificándose en décima e decimosegunda posición respectivamente.

O vindeiro fin de semana, en Zarautz

A Liga San Miguel retomará o ritmo da competición o vindeiro fin de semana con un dos clásicos da competición, a dobre xornada das regatas de Zarautz. Estes dous encontros, cómpre sinalar, tamén servirán para saber quen será a tripulación gañadora da Liga Euskotren.  

Voltar