Novas 2016

ESPECIAL

22 Ago 2016

O #TourCoronaCaixaBank chega a Portugalete

O #TourCoronaCaixaBank chega a Portugalete

A localidade biscaína de Portugalete é a oitava parada do #TourCoronaCaixaBank

O #TourCoronaCaixaBank non para. Tras do seu paso por Hondarribia, esta vez a ruta da prestixiosa Coroa CaixaBank segue o curso da competición e pon rumbo cara Portugalete, máis concretamente, o Hotel Puente Colgante acollerá o galardón durante unha semana. Con esta ruta, os amantes do remo poderán observar de perto o recoñecemento polo que todo remeiro aproa. Deste xeito, a persoa que en Twitter siga a @actraineras, faga unha fotografía coa Coroa CiaxaBank e a suba co hashtag #TourCoronaCaixaBank, entrará nun sorteo no que poderá conseguir estes premios: un pase dobre para vivir ao vivo no barco da Liga San Miguel a entrega da Coroa CaixaBank e material de Kon Sports (colaborador oficial da LigaSanMiguel).

Voltar