Novas 2017

ESPECIAL

10 Xul 2017

O Tour Coroa CaixaBank xa está en San Sebastián

O Tour Coroa CaixaBank  xa está en San Sebastián

O máximo trofeo da Eusko Label Liga deixa Bilbao para se estabelecer en San Sebastián até o vindeiro 17 de xullo
 

Tras unha semana e media en Bilbao, o Tour Coroa CaixaBank atopou un novo lugar no que descansará durante esta semana. De hoxe até o vindeiro 17 de xullo, o ansiado trofeo polo que loitan todos os remeiros da Eusko Label Liga estará exposto na oficina de CaixaBank situada no canto da Avenida da Liberdade coa rúa Churruca.

Participando no Tour Coroa CaixaBank poderás conseguir dous pases para veres en directo a última regata do calendario dende o Barco da Eusko Label Liga, onde precisamente se fará entrega da Coroa CaixaBank ao vencedor da competición. Ademais, entrarás no sorteo dun maillote CaixaBank ao Mellor Patrón, deseñado esta tempada por Magia Sport, Official Partner da Eusko Label Liga. Para entrar no sorteo só tes que procurar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank que se realizará ao longo de todo o verán e tirar unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank.

Non perdas esta oportunidade de tirares unha foto coa Coroa CaixaBank!

Tour Coroa Caixabank

Estas son as datas e os municipios que acollerán a Coroa CaixaBank:

Do 26 de xuño ao 6 de xullo Bilbao | Oficina CaixaBank (Gran Vía, 38)

Do 10 de xullo ao 17 de xullo Donostia | Oficina CaixaBank (Churruca, 14)

Do 17 de xullo ao 23 de xullo Santander

Do 24 de xullo al 30 de xullo Getxo

Do 1 de agosto ao 12 de agosto Hondarribia

Do 13 de agosto ao 20 de agosto Zarautz

Do 21 de agosto ao 27 de agosto Boiro

Do 28 de agosto ao 11 de setembro Donostia

Do 11 de setembro ao 16 de setembro Portugalete

Voltar