Novas 2014

ESPECIAL

06 Xu˜ 2014

O Sábado celebrarase a gala da Liga San Miguel en Bilbao

O Sábado celebrarase a gala da Liga San Miguel en Bilbao

A gala celebrarase no Teatro Campos Elíseos da capital viscaína ás 20:00 horas

Mañá, 7 de xuño, ás oito da tarde, celebrarase no Teatro Campos Elíseos de Bilbao a gala anual da ACT onde se reunirán máis de 700 invitados. Os encargados de presentar a cerimonia serán Sandra Sabatés e Xabier Usabiaga, ao longo da noite farase entrega dos premios ás mellores traíñas da tempada pasada; Premiarase a Kaiku Ambilamp, como mellor traíña da Liga San Miguel, e a Zumaia Salegi Jatetxea, como mellor traíña da Liga Euskotren.

Durante a noite tamén se entregarán unha serie de premios como á traíña máis rápida de 2013, ao mérito deportivo, á mellor canteira, ao mellor patrón, mellor adestrador (mediante unha votación entre os 12 adestradores da Liga San Miguel), á mellor regata (votada entre os 12 clubs) e un premio honorífico.

Á marxe dos premios tamén se poderá disfrutar da proxección dun vídeo sobra a nova tempada na que os 12 clubs volverán loitar pola 'Coroa La Caixa', distintos discursos e un cóctel para os invitados que se acheguen ao evento.
 

Voltar