Novas 2016

ENTREVISTAS

27 Abr 2016

"O obxectivo principal é non descendermos"

"O obxectivo principal é non descendermos"

O adestrador de San Pedro Ecolmare, Mikel Arostegi, avalía a pretempada do conxunto sampedrotarra e proponse conseguir a permanencia mellorando os rexistros do ano pasado

A embarcación de San Pedro Ecolmare comezou a preparar a decimocuarta edición da Liga San Miguel. Esta será a novena participación da 'Libia' na pelexa da Coroa 'CaixaBank' desde que lograra o ascenso en 2007. Este ano vén con novidades, xa que, Mikel Arostegi, estrease como adestrador na máxima competición. 

Despois de acadar o oitavo posto no ano pasado, o novo adestrador da traiñeira sanpedrotarra di que, "no inicio, comezamos bastante xustos, mais co nivel amosado nos descensos, están contentos". Non foi doado encetar a pretempada a pleno rendemento, xa que "tivemos sete baixas importantes, pero coas altas de tres remeiros puidemos completar a tripulación". 

A experiencia de ser adestrador está resultado positiva para o de Orio, "os remeiros guíanse e seguen as miñas instruccións, iso é o máis importante". Porén, tivo momentos difíciles de superar, xa que "así que sete remeiros deixaron o plantel, a moral do equipo baixou e subila non foi tarefa fácil". En xeral, Mikel Arostegi, di estar "a gusto" co traballo que está a realizar.

O obxectivo que se puxo o técnico oriotarra foi "manter a categoría", pero ve o equipo con forzas para ficar "entre os oito mellores" aínda que non será tarefa fácil. En canto aos favoritos, Mikel Arostegi vaticina que "NT2 Hondarribia estará arriba por diante de Urdaibai Avia e que despois irán as demais embarcacións". 

Finalmente, o adestrador da 'Libia', amósase ilusionado porque Sevilla sexa o inicio para a batalla da Coroa 'CaixaBank' e da Liga San Miguel, xa que "remei en banco móbil e paréceme que é unha boa zona de regata".

Voltar