Novas 2014

ESPECIAL

15 Xul 2014

O descoñecido mais preciso traballo dos delegados

O descoñecido mais preciso traballo dos delegados

Os delegados levan a cabo un labor necesario mais ás veces descoñecido polos afeccionados ao remo

Hai moitas cousas dentro da Liga San Miguel que non chegan ao público, que non trascenden, pero que son case tan importantes como o labor deportivo dos remeiros. Moitos quefaceres sen os que este deporte non sería igual. É por isto que vimos hoxe coa primeira edición desta nova sección á que chamaremos "A Liga San Miguel por Dentro", na cal poremos nome a esas persoas que traballan para que a competición transcorra o mellor posíbel.

Para estrear esta sección quixemos eloxiar o labor dos delegados dos clubs, que son os encargados de, entre outras cousas, dar toda a información a tempo real do que vai sucedendo na regata aos adestradores dos seus respectivos equipos.

Para explicarennos a rutina que levan a cabo estes membros dos equipos, acompañamos a Iñaki Arostegi e Zigor Gazpio, delegados de Orio Babyauto durante toda unha regata, para que nos dean a coñecer o labor que desempeñan para axudar os seus clubs a conseguir no final da tempada a ansiada Coroa 'La Caixa'.

Voltar