Novas 2015

ESPECIAL

06 Abr 2015

O banco móbil plasma a súa mellor asinatura

O banco móbil plasma a súa mellor asinatura

O Real Círculo Labradores de Sevilla e o CN Amposta levan a vitoria na XVI Regata Internacional de Orio celebrada no sábado na localidade guipuscoana
 

O sábado Orio volveu ser unha grande festa do banco móbil coa disputa da XVI Regata Internacional, un encontro que se quixo recuperar con motivo do 50 aniversario do club aguilucho. Así pois, na categoría de 8+, as regatas estiveron moi igualadas e a vitoria finalmente foi para os andaluces do Real Círculo de Labradores, con unha vantaxe dun segundo sobre a embarcación local de Orio Babyauto e de tres segundos sobre o Club Náutico Sevilla.

Con respecto á categoría feminina, nesta ocasión competiron na modalidade de 4X, e a vitoria foi para Catalunya, máis concretamente para Amposta que logrou unha vantaxe dun segundo sobre as guipuscoanas de Santiagotarrak e de catro segundos sobre o Club Náutico Sevilla.

Con todo, malia a que a chuvia quixo facer un tímido acto de presenza, a xornada foi todo un éxito tanto para o numeroso público que se achegou até a regata, como para os deportistas, quen agradeceron a grande organización e fixeron un chamamiento a manter este encontro no calendario. Foto: Orio AE

Voltar