Novas 2010

COMPETICION

08 Xul 2010

NOVOS DATOS ESTATÍSTICOS NA LIGA SAN MIGUEL

NOVOS DATOS ESTATÍSTICOS NA LIGA SAN MIGUEL

Co fin de ir aportando máis datos de cada regata da Liga San Miguel - Coroa Mapfre, vanse ofrecer, se os datos proporcionados polo GPS non sofren interferencias, os metros percorridos e a velocidade de cada tripulación participante. Haberá regatas que, excepcionalmente, por problemas técnicos non se podan ofrecer estes datos.

 

Estes datos poderanse ver, gardar e/ou imprimir. Para isto hai que entrar no apartado Resultados, pinchar sobre a regata que queiramos comprobar e na parte baixa da páxina haberá que pulsar sobre Descargar Percorridos. Posteriormente, aparecerá un arquivo Excel no que poderemos apreciar a regata, o lugar onde se celebra e os metros reais do campo de regatas. Despois relaciónanse os clubs cos metros realizados por cada equipo, a súa diferencia cos metros reais, a velocidade media que realizou e a súa clasificación atendendo aos metros e á velocidade.

 

Voltar