Novas 2016

ESPECIAL

11 Out 2016

Maikel Reñales imprime ritmo na #PlaylistDeOutubro

Maikel Reñales imprime ritmo na #PlaylistDeOutubro

O remeiro de San Pedro, Maikel Reñales, é o encargado de realizar a playlist do mes de outono

Comezou o outono e a Liga San Miguel 2016 chegou ao remate, mais a música da mellor liga do remo non para. O remeiro de San Pedro, Maikel Reñales, foi o encargado de realizar a #PlaylistDeOutubro, unha playlist que vén con moita forza. O mozo remeiro da 'Libia', insire na súa recopilación musical o último que está a sonar nas radios.

O cantante colombiano Maluma coas cancións "Borro casette", "El Perdedor" e "Sin contrato" irrompe con forza nesta listaxe. A este artista, súmaselle outro dos grandes protagonistas da listaxe de reproducción, Hardwell. O Holandés, con cancións como "Run wild", "Survivor" e "United we are", lévanos a gozar da música electrónica en todo o seu esplendor.

Sean Paul con "Give it up to me", Jacob Forever con "Hasta que se seque el malecón" e Calvin Harris con "My way" son outras das cancións que salienta o mozo remeiro donostiarra.

Mete play na #PlaylistDeOutubro e fai que os días cincentos de outono sezan máis alegres!

Voltar