Novas 2015

ESPECIAL

14 Mai 2015

Mahou San Miguel, condecorado polo CSD

Mahou San Miguel, condecorado polo CSD

O Consello Superior de Deportes concedeu esta mañá o ingreso de Mahou San Miguel na Real Orde do Mérito Deportivo na categoría de Placa de Ouro

Esta mañá foi unha xornada grande para o noso patrocinador principal. O Consejo Superior de Deportes concedeulle a honra a Mahou San Miguel de ingresar na Real Orde do Mérito Deportivo na categoría de Placa de Ouro, pola contribución que vén facendo esta compañía no mundo deporte desde o seu nacemento no 1890.

E este galardón vén nun ano importante para a empresa. Un ano no que fai 125 anos, tempo no que tivo sempre espazo para brindar apoios a diferentes deportes como o fútbol ou o baloncesto, entre outros. E tamén, por suposto, para o remo. Un deporte ao que San Miguel quixo unirse alá por 2006, dando vida á Liga San Miguel. Desde entón tanto a ACT como San Miguel navegaron na mesma dirección e fixeron que o mundo das traíñas medre de forma exponencial, convertíndose nun dos referentes deportivos estivais.

Ao acto celebrado esta mañá na sede que Mahou San Miguel ten en Madrid acudiron en representación da ACT, Pedro Andueza, presidente da Asociación, así como Xabi Zubiri, Director de Comunicación da Liga San Miguel. O acto, que contou con numerosa presenza de diferentes personalidades do mundo do deporte, estivo presidido por Javier López Hierro, presidente de Mahou San Miguel, quen recibiu de mans de Miguel Cardenal, o galardón. Da ACT quereriamos felicitar a Mahou San Miguel por este merecido recoñecemento e agradecer a confianza depositada ao longo de todos estes anos en nosotros.

Voltar