Novas 2023

COMPETICION

17 Xul 2023

Último Longo CaixaBank: Bilbao e Orio

Último Longo CaixaBank: Bilbao e Orio

Falan os patróns e as patroas máis destacadas da fin de semana

As dúas regatas desta fin de semana non defraudaron os afeccionados da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren. O sábado, na contra o reloxo que percorreu as céntricas rúas de Bilbao, puido sentirse a potencia das traiñeiras desde ambas beiras da ría, onde Donostia Arraun Lagunak e Hondarribia foron as traiñeiras máis veloces. 
 
Na categoría feminina, o equipo de Juan Mari Etxabe gañaba a V. Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao por terceira tempada consecutiva, ampliando a distancia na clasificación da Liga Euskotren sobre Orio Orialki. As oriotarras, acurtaron un punto grazas á vitoria na Orioko XXIII. Emakumezkoen Estropadak – Orio Kanpina XI. Bandera e o segundo posto das donostiarras. 
 
Na competición masculina, Hondarribia deu un golpe na mesa o sábado coa vitoria na XIV. Bilboko Bandera – Bandeira de Bilbao coa que acadaron o liderado da Liga Eusko Label. Bermeo Urdaibai, pola súa banda, co terceiro posto do sábado e a vitoria na Orioko XXXIII. Estropadak – Orio Kanpina XI. Bandera, conseguen ascender á segunda posición da clasificación, retrasando a Zierbena Bahías de Bizkaia ao terceiro chanzo do podio. 
 
No referido ás clasificacións dos patróns e patroas, esta fin de semana destaca a estrea do patrón de Ondarroa Cikautxo, Xanet Gimeno con 16 anos. Gorka Aranberri coa súa vitoria do sábado colócase no liderado da clasificación do Mellor Patrón CaixaBank con tres puntos de vantaxe sobre o segundo, Unax Eizagirre. 
 
Pola súa banda, na categoría feminina, Nerea Pérez de Nortindal Donostiarra, voltaba liderar a clasificación tras a xornada do sábado, pero no domingo, a vitoria de Nadeth Agirre subiuna ao primeiro posto igualada con Miren Garmendia. 

Voltar