Novas 2015

ESPECIAL

14 Xul 2015

"La Caixa" aposta polo remo

"La Caixa" aposta polo remo

A entidade catalá segue apoiando a competición masculina e feminina durante os últimos tres anos

O remo é un deporte que transmite valores como a constancia, a unión e o traballo en equipo. Coa mestura destes tres factores conséguese a excelencia, e fai máis grandes as partes que a conforman. Exemplo claro disto é a relación de “la Caixa” coa Liga San Miguel e a Liga Euskotren. A entidade catalá encara o seu terceiro ano seguido de colaboración co mundo do remo e durante este período “la Caixa” convertiuse nun dos grandes patrocinadores tanto da competición masculina, como da feminina.

“la Caixa” é a encargada de por nome ao trofeo que se lle entrega todos os anos ao campión da Liga San Miguel, a Coroa “la Caixa”, e tamén viste co seu mallote branco, ao líder da clasificación “la Caixa” ao Mellor Patrón. En canto á Liga Euskotren, “la Caixa” encárgase de vestir, tamén, á líder da clasificación xeral.

Este sábado disputouse en augas de Pasaia a terceira edición da Bandeira “la Caixa” na que NT2 Hondarribia conseguiu unha vitoria que lle aporta uns valiosos puntos na loita pola Coroa “la Caixa”. Asier Zurinaga, patrón de Kaiku Producha, voltou vestir de branco co mallote “la Caixa”, que o acredita como mellor patrón da competición. Por outro banda, Nerea Pérez, patroa de San Juan Iberdrola, conseguiu o mallote branco de “la Caixa”, convertíndose así nas primeiras líderes da Liga Euskotren 2015.

Voltar