Novas 2016

ESPECIAL

17 Feb 2016

Jonathan imprime ritmo á #PlaylistDeFebreiro

Jonathan imprime ritmo á #PlaylistDeFebreiro

O patrón de Astillero preséntanos unha playlist moi variada

Novo mes e nova playlist, desta vez a ritmo de rock&roll. O autor da #PlayListDeFebreiro é o patrón de Astillero, Jonathan Castanedo. Castanedo presenta unha playlist mestura de rock&roll con clásicos. “You Shook Me All Nigth Long” de AC/DC, “Polly” de Nirvana e “Paint it Black” de The Rolling Stones comparten listaxe con “Pacto entre caballeros” de Joaquín Sabina e “Apatrullando la ciudad” de El Fary. Para os máis novos, inclúe cancións máis actuais e con ritmos diferentes do grupo La Raíz como “A la sombra de la sierra” e “Dientes de León”.

O rei do pop, Michael Jackson fai con “Beat it” que os remeiros de Astillero solten os remos e se poñan a danzar.

Voltar