Novas 2015

ESPECIAL

14 Abr 2015

Ivan Gómez marca o ritmo na #PlaylistDeAbril

Ivan Gómez marca o ritmo na #PlaylistDeAbril

O remeiro de Astillero traenos unha listaxe do máis festeira onde predomina a música electrónica

A falta de apenas un par de meses para que dea comezo unha nova tempada da Liga San Miguel, Ivan Gómez, remeiro de Astillero, traenos a #PlaylistDeAbril para nos alegrar os días desta espera. Este cántabro recolle así o testemuño que deixou David González coa #PlaylistDeMarzo confeccionado unha listaxe coa que nos porá a todos a danzar. Nesta recopilación predomina a música electrónica con temas como GDFR de Flo Rida, Watch Out for This de Major Lazer ou No Beef, produto da colaboración entre Afrojack e o conecido DJ de Miami, Steve Aoki. A esta longa listaxe de música festeira podemos engadir unha representación de varios temas que copan hoxe en día os primeiros postos das listaxes das cancións máis escoitadas en todo o mundo como I´m an Albatraoz de AronChupa, Uptown Funk de Mark Ronson e Bruno Mars ou Red Lights do DJ holandés Tiësto.

Na segunda parte da listaxe, este remeiro santanderino recolle temas de distintas ramas do mundo do rock como poden ser Back to You de Transplants, Johnny, I Hardly Knew Ya da mítica banda de Massachusetts, Dropkick Murphys ou Hay Poco Rock´n´Roll da xa desaparecida banda bilbaina Platero y Tu, liderada por Fito Cabrales. Completando esta recompilación atopamos cancións como El Mio Carmin do grupo asturiano Desakato, Berzerk de Eminem ou Asfixia dos pamploneses Marvin.

 

Uptown Funk – Mark Ronson / Bruno Mars

Turn Down for What – DJ Sanke / Lil Jon

Red Lights – Tiësto

El Mío Carmín – Desakato

Acción Reacción – Poetas de Botella

The Pretender – Foo Fighters

Berzerk – Eminem

90s by Nature – Showtek / MC Ambush

GDFR – Flo Rida

Johnny, I Hardly Knew Ya – Dropkick Murphys

Asfixia – Marvin

Héroes – No Way Out

Hay Poco Rock´n´Roll – Platero y Tú

Watch Out for This – Major Lazer

I´m an Albatraoz – AronChupa

Back to You – Transplants

Cheerleader – Omi

No Beef – Afrojack / Steve Aoki

Bad – David Guetta

Right Back At it Again – A Day to Remember

Voltar