Novas 2021

COMPETICION

22 Xu˜ 2021

"Imos loitar por todo"

"Imos loitar por todo"

Jose Ramón Mendizabal será o adestrador de Donostiarra Lacturale na tempada que está a piques de comezar, e tras a súa primeira pretempada ao mando do equipo, valora positivamente o traballo do seu plantel. 

O adestrador donostiarra amósase satisfeito co traballo realizado polo seu plantel na pretempada.  "Comezamos en novembro a adestrar e o equipo está con moita vontade e seriedade. Houbo unhas baixas e outras altas no equipo como é lóxico, mais en liñas xerais, moi ben”, sinala Mendizabal.

Ve que no remo feminino os clubs foron igualándose, e concretamente ve a competición da Liga Euskotren cada vez máis axustada. Por isto "intúo que se plasmará na competición e eu penso que nos agarda un verán competitivo e apaixonante”, augura o adestrador de Donostiarra Lacturale. 

Ante esa igualdade, Mendizabal non se atreve a propór un obxectivo claro para o seu equipo, mais aspira a “loitar por todo. A idea é igualar a tempada pasada, gañando algunha bandeira, daí en diante, o que nos deixe a competición. Non nos marcamos ningún obxectivo, pero imos loitar por todo”, advirte o técnico donostiarra. 

No referido aos rivais, ve as tres rivais fortes. “A Arraun Lagunak véxoa fortalecida. Leva uns anos cunha traxectoria moi importante e interesante. Orio é Orio, e aínda que se fala de baixas, véxoas ben. A Hondarribia tamén, véxoa ben. No inicio parecía que terían problemas para completar un equipo, mais nas últimas competicións vimos que están á altura. Nunha competición cando ves unha traiñeira amarela (Orio) e unha verde (Hondarribia), coidado”, bromea Mendizabal. 

Voltar