Novas 2017

ESPECIAL

13 Mar 2017

Imanol Muñoz pon ritmo a Marzo

Imanol Muñoz pon ritmo a Marzo

O remeiro de San Pedro compila unha listaxe integramente con éxitos do momento da escena reggaetoneira
 

A primavera xa está a piques de chegar e Imanol Muñoz, remeiro de San Pedro, traenos unha listaxe que nos transporta ás clásicas noites de verán. O da ‘Libia’ teno claro e cinguiuse claramente aos ritmos do reggaetón para o seu listado. Entre algúns dos ‘hits’ do momento atopamos o ‘Súbeme la radio’ de Enrique Iglesias ou o xa archirepetido ‘Despacito’ tamén de Enrique Iglesias coa colaboración de Luis Fonsi.

Pero tamén atopou oco para outros artistas latinos, como é o caso de Nicky Jam, con ‘Estrella’ ou ‘El Amante’; Ozuna con ‘Si te dejas llevar’ ou ‘Simple’; ou Jacob Forever con ‘Hasta que se seque el malecón’. Así que non o penses e… Dalle ao play e goza de todo o ritmo do mes de marzo! 

Voltar