Novas 2014

COMPETICION

24 Mar 2014

Hondarribia Orsa domina todas as probas en Astillero

Hondarribia Orsa domina todas as probas en Astillero

Os hondarribiarras conseguen gañar o XXII ascenso de San José con unha vantaxe de catro segundos sobre Astillero e 23 segundos sobre San Pedro Ecolmare

Este sábado a localidade cántabra de Astillero celebrou un ano máis o Grande Premio San José – Memorial Lagar, até onde se achegaron 18 embarcacións chegadas inclusive da Catalunya, como é o caso da embarcación tarraconense Flix. Así e todo, a vitoria neste ascenso foi parar ás mans de Hondarribia Orsa, quen cun tempo de 18'15''41 conseguiu a súa primeira bandeira na traíña no que vai de ano. Atrás deles, e transmitindo tamén moi boas sensacións, entrou a embarcación local de Astillero a pouco máis de catro segundos dos hondarribiarras. Completou os postos de honra a 'Libia' de San Pedro Ecolmare a 23 segundos dos gañadores. A cuarta posición precisamente foi parar á segunda embarcación de San Pedro, a cal ficou a 48 segundos. Santoña, pola súa banda, estivo un minuto detrás da 'Ama Guadalupekoa', mentres que o sexto lugar foi para Pedreña, que acabou cedendo un minuto e catro segundos nas balizas de chegada.

Ademais, tamén se disputaron outras probas nas que Hondarribia Orsa saiu victoriosa en todas. É o caso do sprint de 500 metros - Memorial Lagar, onde os preparados por Mikel Orbañanos se impuxeron por diante de San Pedro Ecolmare e Astillero. Na regata de 8+, a vitoria tamén foi para a embarcación hondarribiarra, con unha marca de 4’12’’ e distanciando en sete segundos a Astillero e en 12 a Corvera. Na proba de sprint de 8+ a vitoria decantouse de novo a favor dos verdes. Desde a organización amosaron moita satisfacción polo resultado e a participación neste encontro que pon fin ao calendario de descensos para afrontar os últimos tres meses preparatorios antes do inicio da Liga San Miguel

Voltar