Novas 2023

COMPETICION

16 Set 2023

Hibaika bate primeiro no play off

Hibaika bate primeiro no play off Hibaika bate primeiro no play off

A traiñeira de Errenteria suma os tres puntos na primeira xornada do play off, por diante de Kaiku e Zumaia respectivamente

Hibaika Jamones Ancín gañou a primeira xornada do play off da Liga Euskotren. As de Errenteria lograron un tempo de 10:51 na meta e deron o primeiro paso cara a permanencia.
Toda a regata foi moi igualada, no primeiro longo Hibaika e Kaiku Nortegas chegaron xuntas á ceavoga (5:27), con Zumaia Salegi Jatetxea a un segundo.

Na liña de meta, tamén houvo moita igualdade, con tres segundos de diferenza entre as tres traiñeiras. Hibaika Jamones Ancín parou o cronómetro en 10:51 ao cruzaren a liña de meta, mentres que Kaiku Nortegas cruzaba dous segundos máis tarde, e Zumaia Salegi Jatetxea a tres segundos.

Polo tanto, Hibaika sumou os 3 puntos na primeira xornada dos play offs, Kaiku 2 e Zumaia 1.

Voltar