Novas 2022

ASOCIACION

12 Mar 2022

Grande xornada técnica na ACT

Grande xornada técnica na ACT

O encontro permitiu repasar, coñecer e aclarar os criterios de interpretación do Código de Regatas por parte do colectivo arbitral.     

Coa ollada posta na tempada de traiñeiras do verán, esta mañá celebrouse en Bilbao unha charla informativa entre unha representación dos e das deportistas da ACT e o estamento arbitral. Mantívose unha reunión informativa cos patróns/as, adestradores e cos responsábeis dos clubs das  dúas competicións da Asociación, co obxectivo de unificar criterios e coñecer a interpretación arbitral sobre a normativa do Código de Regatas. E ao tempo, púidose preguntar aos representantes do estamento arbitral calquera aspecto referente ás normativas que rexen ambas competicións da ACT.    

Daquela, puideron aclararse todas as dúbidas dos e das deportistas, podendo debaterse sobre situacións reais producidas durante as competicións. Con certeza, foi unha posta en común enriquecedora para ambas partes, pero sobre todo para a mellora da competición, para que os clubs e o equipo arbitral sigan a traballar na mesma dirección.
 

Voltar