Novas 2014

COMPETICION

22 Xul 2014

Getxo repite na Liga San Miguel

Getxo repite na Liga San Miguel

Esta mañá realizouse a presentación da Getxoko Estropaden XXXVI. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren X. Omenaldia 

Este sábado a localidade viscaína de Getxo acollerá unha xornada completísima de remo na que se darán cita as mellores tripulacións para a disputa da Getxoko Estropaden XXXVI. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren X. Omenaldia. A Liga Euskotren estará presente neste encontro que corresponde á quinta xornada da mesma na que as catro embarcacións femininas pugnarán pola VI Getxoko Ikurriña, que dará comezo ás 18.00 horas. Acto seguido, a Liga San Miguel disputará a sua oitava xornada, a primeira en augas viscaínas. Antes de que dea comezo a competición feminina, terá lugar no mesmo lugar a regata do Grupo 2 da ARC.

As tripulacións dos 12 equipos da Liga San Miguel disputarán a regata nun percorrido no que terán catro longos e tres ceavogas para completar as tres millas náuticas no campo de regatas habitual, cuxas balizas interiores están ao pé do Puerto Viejo. Como todas as xornadas disputadas en sábado, a disposición das quendas farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda teremos a Urdaibai Avia, Pedreña, San Pedro Ecolmare e Astilero; na segunda quenda vogarán Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia, Cabo e San Juan Iberdrola; finalmente, a quenda de honra disputarana Tirán Pereira, Kaiku Ambilamp, Hondarribia Orsa e Orio Babyauto.

Na presentación desta mañá estiveron presentes o Alcalde de Getxo, Imanol Landa; Álvaro González, concelleiro de Deportes do Concello de Getxo; e Pedro Andueza, presidente da ACT. Os tres quixeron facer fincapé en que este encontro está xa consolidado no calendario da Liga San Miguel e que nos atopamos diante dunha regata moi atractiva para o afeccionado ao remo; tamén animaron a se achegar quen quixer o sábado para ver este magnífico espectáculo.

VI Getxoko Ikurriña na Liga Euskotren

Pola súa banda, as catro embarcacións da Liga Euskotren remarán para se facer coa VI Getxoko Ikurriña correspondente á quinta xornada da tempada, nun percorrido dunha milla e media na que San Juan Iberdrola, Hibaika Jamones Ancín, Zumaia e Samertolameu deberán afrontar dous longos e unha ceavoga.

Voltar