Novas 2016

ESPECIAL

11 Xul 2016

Getxo recibe o Tour Coroa CaixaBank

Getxo recibe o Tour Coroa CaixaBank

O polideportivo Gobela de Getxo é o sitio escollido para a terceira parada deste Tour onde podes optar a grandes premios

O #TourCoroaCaixaBank non para, e de hoxe ao domingo o polideportivo Gobela de Getxo gardará os trofeos das ligas. Este Tour, nace co fin de achegar ao público os trofeos que todos procuran. É por isto que, todos aqueles que participen no Tour retratándose co trofeo, sexan seguidores de @actraineras e suban a foto na sua conta co hashtag #TourCoronaCaixaBank, serán participes dun sorteo a través de Twitter no que se repartirá material da marca Kon Sports (colaborador oficial da Liga San Miguel) e unha entrada dobre para presenzar en directo a entrega da Coroa CaixaBank o vindeiro 18 de setembro desde o barco da Liga San Miguel.

Daquela, non perdas a oportunidade e achégate polo polideportivo Gobela para gozar do #TourCoroaCaixaBank
 

Voltar