Novas 2022

ASOCIACION

02 Xu˜ 2022

EiTB Saria EiTB Saria á mellor patroa da Liga Euskotren

EiTB Saria EiTB Saria á mellor patroa da Liga Euskotren

Por primeira vez o premio feminino terá o seu principal patrocinador 

Este ano, por primeira vez, o premio á mellor patroa da Liga Euskotren terá o seu principal patrocinador. EiTB entregará o premio á mellor patroa da Liga Euskotren, grazas ao patrocinio que asinou coa ACT. Deste xeito, despois de cada regata, a mellor patroa lucirá o maillote EITB Saria. 

A sede de EITB en Bilbao acolleu este xoves (2 de xuño) o acto da sinatura do patrocinio, que foi suscrito pola directora de Estratexia e Comunicación Corporativa de EiTB Isabel Octavio e o presidente da Asociación de Clubs de Traiñeiras Borja Rodrigo. Tamén participaron no acto o director de Deportes de EiITB Media Joseba Urkiola, a subdirectora de Deportes de EiTB Media Iratxe Etxebarria, e as representantes dos catro clubs en liza: Natalia Tubio Dieste (Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100), Noa Viaño Castañeda (Orio Orialki), Maddi Urdanpilleta Rodriguez (Tolosaldea) e Andrea Astudillo Rivadas (Donostia Arraun Lagunak). 

Isabel Octavio e Borja Rodrigo amosáronse satisfeitos co convenio. "EiTB está a facer un esforzo especial para dar pulo á presenza das mulleres no mundo do deporte. Neste caso, apostamos polo remo e, no 40 aniversario de EiTB, decidimos apoiar o premio á mellor patroa", sinalou o director de Deportes de EiTB Media.

Este é un ano estratéxico para un remo feminino que cada vez colle máis forza. Os datos de audiencia dos últimos anos son bos (o ano pasado houbo unha media de 9,1% de share), este ano haberá dúas regatas máis, e ademais, a vindeira tempada a Liga Euskotren estará composta por oito traiñeiras. 

As regatas comezarán o 2 de xullo en Bilbao, e a Liga Euskotren rematará o 21 de agosto en Zarautz. Todas as regatas serán emitidas en directo na ETB1, nas radios de EiTB (Radio Euskadi e Euskadi Irratia), en eitb.eus e na app da competición, e despois de cada xornada entregarase o maillote de EiTB Saria á mellor patroa da competición.

Voltar